MELLORAS NA GALIÑA AZUL E NO CENTRO DE DÍA

IMG-7204
MELLORAS NA GALIÑA AZUL E NO CENTRO DE DÍA

O Alcalde reuniuse hoxe con Perfecto Rodríguez e Reyes Carid, xerente e coordinadora de equipos de inclusión sociolaboral, respectivamente do Consorcio Galego de Benestar, a cargo da Galiña Azul e o Centro de día, para analizar as relacións e as responsabilidades compartidas do mantemento do mobiliario, pois moitos electrodomésticos necesitan reposición ou reparacións e é impositivo arranxar esta situación coas novas 51 matrículas que se formalizaron.

Tamén se instou á Consellería para que acondicionen a cuberta do Centro de día pois o teitume de planchada non é o mellor resultado para a climatoloxía da nosa comarca. Dende o Concello xa se fixo unha inversión de 11,000€ para recubrir os equipos de climatización, situados na terraza, pero agora é necesario retomar a obra de acondicionar a cuberta pois continua habendo filtracións.