Melloras no espazo familiar

Melloras no espazo familiar

A ANPA do CEIP Rosalía de Castro organiza un ciclo de encontros formativos para pais e nais

REDACCIÓN

A ANPA do CEIP Rosalía de Castro orgniza un ciclo de encontros formativos que dará comezo maña na biblioteca do centro en horario de 20 a 21:30 horas. Os cursiños que se celebrarán ao longo de catro días, coa primeira sesión mañá e as outras tres na semana vindeira; luns, martes e mércores, teñen como obxectivos promover o desenvolvemento saudable da familia e xerar espacios de confianza onde os pais e os seus fillos poidan compartir e reflexionar en común sobre as suas inquedanzas e intereses.

Aínda que o principal grupo ao que van dirixidas estas actuacións formativas son os pais e nais dos alumnos, tamén están abertos a adolescentes e ao público en xeral. Durante os catro días que durará o ciclo, cuxa participación é gratuíta, os profesionais que o impartirán centraranse en distintos temas de interese, coma a importancia da educación afectivo-sexual no desenvolvemento da infancia, as condutas adictivas, a influencia das novas tecnoloxías e a prevención da violencia.