Meniños e maiores desfrutan xuntos dun Nadal especial

DSC_0100
Meniños e maiores desfrutan xuntos dun Nadal especial
Os pequenos de Educación Infantil do Rosalía de Castro enviaron xa as súas cartas aos Magos de Oriente e pasaron...

Os pequenos de Educación Infantil do Rosalía de Castro enviaron xa as súas cartas aos Magos de Oriente e pasaron un ratiño cos avós e avoas do Centro Social de Xinzo

REDACCIÓN redac@dendealimia.com

O Nadal comezou onte para os nenos e nenas de Educación Infantil do CEIP Rosalía de Castro. Antes de nada, non podía falta unha das cousas máis importantes, visitar a Oficina de Correos de Xinzo para enviaren as súas cartas aos Reis Magos, cheas de desexos e agasallos, para que cheguen a tempo antes do día cinco de xaneiro.

Con este trámite solucionado os pequenos xa podían pasar un ratiño de festa cos maiores do Centro Social, cos que cantaron panxoliñas, bailaron e gozaron dun día inesquecible. E o mellor de todo é que isto non foi máis que o principio de todos os festexos que ten preparados a Comunidade Educativa do CEIP Rosalía de Castro.