Merca no teu concello, sen ir máis lonxe

IMG_3426
Merca no teu concello, sen ir máis lonxe
Presentouse en Xinzo a campaña de apoio ao comercio local da comarca da Limia-Arnoia

O Grupo de Desenvolvemenro Rural Limia Arnoia, os 25 concellos e comerciantes do territorio deseñaron una campaña de sensibilización e promoción do consumo local. Articulada nas semanas de confinamento, para lanzar agora unha mensaxe de confianza e aoio ao comercio local. “Eles estiveron sempre con nós, é o momento de estar con eles” sinala Sindo Lamas, presidente do GDR
A campaña destaca por entender que entre todos/todas podemos ofertar un mellor produto e/ou servizo, e o lema de campaña, Sen Ir Máis Lonxe pretende decirnos, Merca no teu concello, sen ir máis lonxe, merca no concello máis próximo, merca na comarca,… é dicir, busca preto o que precises. Pois, todo o que precisas, está sen ir máis lonxe.
O obxectivo é apoiar ao comercio e hostelería das comarcas do territorio do GDR, 25 concellos da provincia de Ourense, “a mensaxe é clara, todo o que precisamos témolo ao lado, no noso concello ou nun concello próximo”.

Sin título-1Unha campaña na que destaca a implicación de varias comarcas, cun obxectivo común, pór en valor ao comercio e hostelería local, como eixos imprescindibles na economía dos noso territorios, que o Covid puxo a proba. Se somos capaces de manter a estrutura económica local, somos capaces de manter con vida as áreas rurais. É unha oportunidade, na que todos e todas podemos colaborar.
Para os que viven no GDR, para os que veñen de fin de semana, para os que teñen unha casa, para os que veñen pasear, … todos e todas podemos botar una man ao amigo/a, ao familiar, aos compañeiro/a que ten un negocio, apoiemos ao pequeno comercio.

A campaña mostra a unión de varias comarcas, concellos e comerciantes e hosteleriros con una mesma mensaxe, Comarcas de Allariz_Maceda, Terras de Celanova, A Limia e a Baixa Limia, 25 concellos cunha mesma mensaxe, Merca no teu concello, sen ir máis lonxe.