O mércores as 16:00 concerto de alumnos e país fronte o concello, e o xoves todos o pleno

Asamea da ANPA do conservatorio
O mércores as 16:00 concerto de alumnos e país fronte o concello, e o xoves todos o pleno

A asemblea de país do conservatorio de Música de Xinzo comezará a semana que ven as súas mobilizacións

Mais de medio cento de país/nais e alumnos/as do conservatorio de música de Xinzo reuníronse na tarde-noite deste venres na casa de cultura para analizar a situación en que se atopan pola falta de tres profesores.

A presidenta Eva e o vicepresidente Manuel, dirixíronse os presentes para explicar os pasos dados ata ese momento pola xunta directiva e tomar a posteriori as decisión que se acordaran na reunión.

Días atrás entrevistáronse co concelleiro de educación e mais co alcalde para ver de solucionar o problema dos mais de 160 alumnos matriculados este ano e que segundo afirman eles e máis o claustro de profesores faltan profesores.

A Deputación Provincial achega 17.000€, como axuda para tratar de arranxar este problema

Segundo comentaban Eva e mais Manuel as reunións co Concello simplemente conseguiron unha achega de 17.000 €, por parte da Deputación Provincial que daría para contratar a un profesor a tempo completo ou dous a media xornada, cousa insuficiente segundo os análises feitos polo propio claustro.

Non entenden os presentes a explicación dos membros do Concello de que por imperativo legal non poden contratar mais profesorado. As contas non lle san.

Ata o día de onte xa habían presentado escritos no concello pedindo explicacións e o único que fixo o Concello, segundo eles foi votar balóns fora. Tal e así que un escrito que ten selo de saída da casa consistorial cara a Consellería , so ten rexistro de saída, pero non rexistro de entrada na propia Consellería, cuestión que fai desconfiar os membros da ANPA das intencións do Concello.