Merma a produción de pataca da Limia polas altas temperaturas

Merma a produción de pataca da Limia polas altas temperaturas
A recollida da pataca comeza de maneira moi escalonada na Limia debido ás temperaturas

A colleita da pataca comeza de maneira moi escalonada na Limia debido ás temperaturas. "Hai fincas que se recollerán dentro dun mes e outras que xa están sacando as primeiras" Isto comentou Amador na presentación de ALIMAGRO 2022.

A pataca agria é a que está sufrindo máis as consecuencias das altas temperaturas, xa que por enriba dos 30 graos mérmase o seu crecemento. Este ano, comenta Amador, a produción será menor e non se saberá cal é a diferenza ata que se comece a recoller.

Sobre o almacenamento da pataca tamén "cos fortes calores, é complicado". Así, esperan que despois da fin de semana da feira veñan as chuvias, e con elas a baixada das temperaturas.

"Estas chuvias veñen ben para a implantación da colza" di Amador. A colza adáptase ben á rotación de cultivo, ademais menciona que "este ano a colza estivo cara e a xente está moi animada".