O mestre Andrea Loss visita o curso de Dirección de Banda da UNED en Xinzo

120FE882-0808-4474-B021-136AB30D34DA
O mestre Andrea Loss visita o curso de Dirección de Banda da UNED en Xinzo

Contarán para facer prácticas de Dirección coas diversas formacións musicais.

Esta fin de semana reanúdase a actividade educativa no curso de Extensión Universitaria da UNED co mestre Andrea Loss. A súa visita terá lugar este venres, 26 de Xaneiro, ás 16:30 no Conservatorio Profesional de Música de Xinzo de Limia.

Contarán para facer prácticas de Dirección coas seguintes formacións musicais:
- Banda de Música do CMUS Profesional de Xinzo de Limia.

- Banda de Música do CMUS Profesional de Ponteareas

- Agrupación Musical da Limia

- Coral Polifónica Santa Mariña

- Ensemble de Vento da ESMULI (Escola de Música da Limia)


Andrea Loss: \“Nacido en Rovereto, Italia, en 1977, despois dos seus estudos clásicos graduouse en clarinete estudando con Massimo Zenatti e Paolo Beltramini. Asistiu a numerosos cursos de clarinete e saxofón, dirección de orquestra e banda con varios mestres, entre outros: Cober, Dini Ciacci, Johnson, Hauswirth, Mertens, Van der Roost, Conjaerz, Bostock, Doss, Karabtchevsky, Pirola, Dei Mariño, Franceschini, Cesarini, Priori. Despois de gradurase en ISEB – Instituto Europeo de Banda, é profesor e director artístico do mesmo instituto. Desde 1996 está activo como director permanente e invitado de diferentes agrupacións musicais e orquestras en Italia ou no estranxeiro (Holanda, Belgica, Eslovenia, Francia, España, Malta, Polonia e Grecia) e participou cos seus complexos en numerosos certames nacionais e internacionais. Actualmente é director da Orquestra de Instrumentos de Vento \“Rosmini\” de Rovereto, a Banda \“Don Pederzini\” de Lizzana, a Orquestra de Vento da Provincia de Vicenza, a Banda de Peschiera do Garda, e regularmente imparte cursos de dirección coa Asociación Musical \“Euphoria\” de Tirvero, a Orquestra de Vento da Provincia de Vicenza, a Banda \“Mascagni\” de Milazzo, o instituto ISEB de Mezzocorona e UPOL en Eslovenia\”.