Milagros Antoñón foi a primeira traballadora do concello en recibir a vacina

Vacinacións SAF-Xinzo
Milagros Antoñón foi a primeira traballadora do concello en recibir a vacina
7 compañeiras máis, traballadoras do Servicio de Axuda no Fogar foron as seguintes

COMEZARON AS CHAMADAS AOS MAIORES DE 80 ANOS

En paralelo, hoxe empezaron a ser citadas as persoas maiores de 80 anos do Concello de Xinzo para recibir a vacina a próxima semana. En total, serán chamadas 2.547 de toda la comarca.

O procedemento establece que o primeiro contacto será realizado por orde alfabética, empezando pola letra H.

Unha vez fixada a citación, as listaxes de usuarios e usuarias estarán a disposición do seu centro de saúde, que confirmará as citas diarias nunha segunda chamada, co obxectivo de confirmar e lembrar a cita e axustar ao máximo as doses a dispensar.