Un millón de euros para Trandeiras

Sesión plenaria 18.05.22
Un millón de euros para Trandeiras

Concello e Confederación elevan ata case un millón de euros a inversión en Trandeiras para consolidar o mosteiro e construír un centro de interpretación

O PP votou a favor de todas as propostas feitas polo grupo de goberno . Pola contra os membros do goberno votaron en contra dunha moción do PP, na que se solicitaba do Goberno Central que autorizase a Xunta para que se cubran vacantes no centro de Saúde de Xinzo.

Trandeiras aerea
Trandeiras aerea

Un dos puntos da orde do día do pleno celebrado esta mañá era a ratificación da segunda adenda do proxeto a levar a cabo no mosteiro de Trandeiras onde o Concello de Xinzo de Limia e a Confederación Hidrográfica Miño-Sil actuarán para evitar os riscos de derrubes no Mosteiro de Trandeiras. Na sesión plenaria desta mañá aprobouse, coa abstención do PP, o expediente de ratificación da segunda addenda modificativa do convenio entre as dúas entidades para a financiación, execución e entrega das obras de análise e actuacións de consolidación das infraestruturas hidráulicas asociadas ao monumento.

Montse Lama a concelleira "Virtual"

Tal e como explicou a alcaldesa, Elvira Lama, a primeira inversión aprobada foi de 350.000 euros e agora engádense 565.000 euros para a consolidación da estrutura do edificio e para acondicionar o espazo de interpretación sobre o mosteiro por case un millón de euros. A rexedora sinalou que “con este incremento o Concello pasa a aportar o 10 % da intervención, que ten urxencia polo estado no que se atopan algunhas zonas”.

Na sesión plenaria tamén se aprobou, por unanimidade, a modificación do anexo de subvencións do Orzamento 2022 para subvencionar a actividade da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer (Afaor). Tamén co apoio de todos os grupos saíu adiante a ratificación do decreto en virtude do cal acordouse constituír unha agrupación entre o Concello de Xinzo de Limia e o de Sandiás para a xestión compartida do Obradoiro de Emprego Vía da Prata.

Grupo municipal do PP.

Unanimidade houbo igualmente na ratificación do decreto de aprobación do convenio de colaboración subscrito entre os concellos de Sandiás, Xinzo de Limia e Vilar de Barrio para agruparse co obxectivo de presentar a solicitude conxunta de subvención na Xunta pola que se establecen as bases reguladoras das axudas a entidades locais para a promoción da igualdade.