O Ministerio de Transportes fará unha desinfección en Xinzo

1586942775454
O Ministerio de Transportes fará unha desinfección en Xinzo

Mañá xoves a partir das 16:00

Mañá xoves 23 a partir das 16:00 horas realizaranse actuacións no concello de Xinzo de Limia.

Os traballos de limpeza iniciaranse na Urbanización A Devesa, continuando polo Parque Empresarial, Avenida de Ourense e Avenida de Madrid, entre outras.

O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González Afonso, informa da colaboración do Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana con concellos da provincia na desinfección de viais.
O Mitma puxo ao dispor dos concellos da provincia de Ourense os camións que se empregan habitualmente durante o inverno para a rega de salmoira para realizar labores de desinfección. Contan cunha capacidade de 9.000 litros e foron adaptados para nebulizar unha mestura de hipoclorito con auga.