Patricia F.S
23 de marzo de 2016, 13:50
O Concello de Xinzo convocou un minuto de silencio en sinal de condena e repulsa polos atentados de Bruxelas. Ás 12h desta mañá representantes políticos e persoal do Concello, entre outros, concentráronse diante da Casa Consistorial en solidariedade coas vítimas dos atentados.
O rexedor, Antonio Pérez, tomou a palabra para destacar o seu apoio ás familias das vítimas e indicar "que non se volvan repetir feitos coma estes que se cobran a vida de persoas inocentes".