domingo. 25.09.2022
Violencia de xénero

Outro minuto de silencio en rexeite das novas vítimas de violencia machista

As vítimas mortais dos últimos días mostran que aínda hai moito que facer dende as institucións para erradicar a violencia machista.

minuto
Minuto de silencio desta mañá, na porta da casa consistorial.

Na mañá de hoxe –-as 11 horas e antes do pleno extraordinario da corporación municipal– os soportais da Casa do Concello de Xinzo de Limia volveron ser escenario dun novo minuto de silencio en rexeite das vítimas mortais da violencia machista –especialmente polas destes últimos días–. Estiveron presentes edís de todos os grupos políticos do municipio así como algúns veciños. 

O rexedor limián, Antonio Pérez, tomou a palabra para repudiar todos os acontecementos desta última semana –tanto en Galicia como fóra do país– referidos á violencia machista. Pérez instou ás autoridades a que tomen as medidas oportunas para que esta lacra dos séculos XX e XXI se poida erradicar dunha vez por todos.

Basta xa! Nin unha menos!

Comentarios