Miriam Salgado na Praza Maior mañá ás 20h

image
Miriam Salgado na Praza Maior mañá ás 20h

Mañá venres 31 de agosto, ás 20h terá lugar o concerto de Miriam Salgado na Praza Maior de Xinzo de Limia. Miriam Salgado é unha artista con familia na Limia e que viven en Madrid. A pesar da súa curta idade xa conta con moita experiencia e ten unha gran variedade de temas moi coñecidos, dende musicais ata música pop e, como non, música galega.