Moita cantiga, moito baile e moitas castañas

Moita cantiga, moito baile e moitas castañas

No magosto de Xinzo 2022

Na tarde noite do sábado 12 a praza de Oriente, como xa é tradición, foi o lugar escollido polo concello de Xinzo para celebrar o magosto 2022.

Dende fai uns anos o magosto fíxose máis tradicional e predomina a música, o baile e a festa tradicional, non esquecendo as castañas e o viño.

A música e o baile estiveron da man de LIROLAIO e os coruñeses PAN.SEN.FRON. Rematadas as actuacións comezou a troula de todos os grupos que quixeron sumarse a festa.

As castañas e o viño púxoo ó concello. A festa rematou pasada a media noite.