Moita xente, moita diversión e moito “botellón”

Praza Carlos Casares na conta atrás 2022
Moita xente, moita diversión e moito “botellón”

A xuventude abarrotou, como outros anos a praza Carlos Casares, para dar a benvida ao Entroido2022

De todo, como todos os anos, menos os discursos oficiais. O reloxo para a conta atrás o máis grande da historia . A música enlatada en varios “maquinillos”, os foguetes, substituíron ao petardazo dende o balcón municipal e as ganas de divertirse, foron as mesmas dos outros anos do Petardazo.

Non faltaron tampouco as Tanxugueiras e os seus bailaríns, e os Carrabouxos.