Moita xente de Xinzo aínda non o cree.(Elvira Lama)

Moita xente de Xinzo aínda non o cree.(Elvira Lama)

Este vai a ser un modelo a copiar para outras cidades de España.

Esta mesma semana Elvira Lama anunciou a súa visita ao Director Xeral de Estradas do Estado, unha vez rematado o período de alegacións ao proxecto da obra, máis importante dos últimos 50 anos para Xinzo.

Elvira Lama 4
Elvira Lama explicando a situación actual do proxecto

No concello, no pazo dos 30 días legais, non se presentou ningunha alegación ao proxecto da obra da entrada a Xinzo. Si sabemos que na demarcación de estradas de Ourense, si se presentaron algunhas, non moitas, e que serán debidamente respostadas polo organismo que vai facer a obra, que non é outro que o Goberno Central ao 100%. Tamén o responsable en Ourense, Álvaro Araujo, manifestou que algunhas eran de fácil resolución.

Estamos a espera de algúns informes, entre eles de Patrimonio, da Deputación e da Confederación e de Viaqua, para unha vez que se teñan, pasar a seguinte fase do proxecto.

Esta segunda fase comezará cas respostas ás alegacións, a redacción definitiva do proxecto, todo isto ata o mes de Marzo/abril, e logo a saída a concurso público da adxudicación da obra, que nos esperamos sexa antes do mes de xuño.

Un proxecto marabilloso, que o propio Director Xeral de Carreteras cualificou como a transformación integral dunha estrada Nacional, nunha travesía urbana, semellante a calquera dunha gran cidade.

Desta mesma maneira se manifestou Angel de Rio, responsábel de estradas do Estado en Galicia que este ía a ser un modelo a copiar para outras cidades de España.

TAN SOLO DOUS ANOS,DENDE AS PRIMEIRAS CONVERSAS TELEFÓNICAS.

Elvira Lama manifesta que fai agora dous anos que ela chamou ao Delegado do Goberno en Galicia, para prantexar esta obra, reclamada dende fai moitos anos e que ninguén puido facer nada ao respecto, e dende aquela, dous anos despois estase a poucos meses da adxudicación da obra. Aínda que para moitos pareza moito tempo, na administración, sobre todo para unha obra desta envergadura é moi pouco tempo. Propoñer, e deixar para a súa adxudicación pública e moi pouco tempo.

MOITA XENTE EN XINZO AÍNDA NON O CREE

Cónstame que a día de hoxe, hai moita xente en Xinzo que aínda non cree que esta obra vaia a ser unha realidade, foi tantas veces prometida, tantas veces demandada e nunca cubertas esas demandas, que a xente non o cree. Cando lle contestamos aos veciños que veñen a comunicar roturas, etc. e lle respostamos que se está pendente desta obra, seguen sen crelo.