Moito polbo e poucos comensais

feira 1
Moito polbo e poucos comensais

A feira de hoxe trouxo xa moitos postos, pero poucos compradores

Hoxe era a primeira feira, despois de case tres meses de ausencia, e a primeira na que se permitiu a presenza de polbeiras. Excepto un posto, moi coñecido e apreciado polos veciños da vila, as polbeiras, sobre todo as que se instalaron no propio parque da feira, queixábanse do escaso numero de visitantes e persoas que se achegaban a degustar o tradicional polbo.

feira 2

TRIPLO DE POSTOS E MESMAS MEDIDAS DE SEGURIDADE

O número de postos triplicouse, segundo informaron dende o Concello, e as medidas de seguridade seguiron tan estritas como na feira pasada. Policía local e Protección Civil encargáronse das labores de controis, tanto a entrada como a saída do recinto.

Prema aquí para ver as fotos da feira