Mónica García e Guillermo Carbajo triunfaron en Xinzo

curriculum vite1
Mónica García e Guillermo Carbajo triunfaron en Xinzo

A obra CURRICUM VITAE fixo gozar ós moitos espectadores que acudiron a vela

Aínda que os temas moi de moda por desgraza, non son para tomalos de risa, iso foi o que provocaron coas súas diferentes interpretacións os vellos coñecidos de \“Pratos combinados\” .

O fío condutor da comedia foron 5 sketch eran entrevistas de traballo nas cales había momentos de humillación, enchufismo, ineptitude, abusos etc, etc. Todas e cada unha das entrevistas estaban cheas de unha realidade , que pola súa maneira de presentalas facían rir, aínda que mais fose para chorar.

Todo o público asistente, en pasou 90 minutos moi divertidos , cunhos \“vellos coñecidos\”, que demostraron unas dotes de interpretación que ninguén esperaba.

Para ser a primeira vez que se experimentaba traendo ó auditorio unha obra de teatro con custe de entrada a experiencia foi totalmente positiva, segundo indicaron tanto os técnicos da concellería de Cultura, como o propio concelleiro.