O MUGAE Museo Galego do Entroido ten un novo personaxe

IMG_6609
O MUGAE Museo Galego do Entroido ten un novo personaxe

Neste caso trátase do Loro Ravachol do entroido de Pontevedra

A Asociación Recreativa de Xeve, responsables da construción do Loro Ravachol que se queima en Pontevedra todos os anos, e O Concello de Pontevedra fan unha doazón de balde o MuGaE e o Concello de Xinzo de Limia dun Loro Ravachol para que sexa exposto no museo co fin de publicitar e promover o Entroido de Pontevedra e as tradición que o acompañan. Fixo entrega do Loro Florencio Chantrero Filgueira, presidente da asociación antes mencionada e recibiuno Iván Prado Rodríguez, coordinador do MuGaE, en representación do Museo.

O Museo xa contaba coa figura do Loro dentro da súa colección, aínda que se trataba dunha cesión. Agora o Loro pasa a formar parte da colección do Museo como propiedade propia sendo o novo Loro o dobre de grande que o anterior.

Visita do alumnado de 5º curso do CEIP Carlos Casares

50 nenos e nenas do citado centro educativo da vila foron hoxe de visita ao museo. Dende as 10:30 horas comezaron o percorrido polas diferentes salas para rematar na aula que a tal efecto conta o museo para escoitar unha pequena charla sobre as pantallas, dada por responsables do museo.