Multitude de actividades nas aulas e nas rúas de Xinzo contra a violencia machista

xenero
Multitude de actividades nas aulas e nas rúas de Xinzo contra a violencia machista

Organiza o CDR O Viso, Cruz Vermella e o Centro de Información á Muller

O 25 de novembro conmemórase o día Internacional pola eliminación da violencia contra as mulleres. xenero

Esa semana levaranse a cabo unha serie de acitividades para visibilizar e concienciar á poboación sobre o problema que supón a violencia de xénero, que no que vai de ano xa se cobrou a vida de 50 persoas.

O CDR O Viso, Cruz Vermella e o Centro de Información á Muller de Xinzo, únense para desenvolver unha ampla programación. O día 24 visitarán as escolas e o 25 os institutos de secundaria. Levarán ás aulas conceptos de coeducación, igualdade e prevención que porán en práctica a base de dinámicas. Cos alumnos e alumnas tratarán temas como a linguaxe e os comportamentos sexistas.

O 25 na Praza Maior de 16h a 18h terán lugar unha serie de actos para traballar coa concienciación a pé de rúa. As 17h lerase un manifesto.

A programación remata o día 26 cun partido de fútbol sala mixto no pavillón de deportes. A cita será ás 20h.