O Museo do Entroido listo para a súa inauguración este venres a cargo do Presidente da Xunta

OBRAS MUSEO ENTROIDO1
O Museo do Entroido listo para a súa inauguración este venres a cargo do Presidente da Xunta

No día de hoxe leváronse a cabo os úlitmos retoques

Na xornada do venres, a partir das seis da tarde, abriranse as portas do albergue de peregrinos para recibir a visita do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo. Estará acompañado polo rexedor, Antonio Pérez, entre outras personalidades. Esta nova infraestrutura con capacidade para 14 persoas, vai permitir que Xinzo forme parte da rede de albergues do Xacobeo.

Un pouco máis tarde, logo da visita, procederase á inauguración do Museo Galego do Entroido que alberga unha ampla colección dos traxes mais destacados do Entroido en Galicia. No día de hoxe leváronse a cabo os últimos retoques para que estea todo listo para o seu estreo que estará presidido por Alberto Núñez Feijoo.