O museo do Entroido de Xinzo recibe o traxe do Labardeiro de Mugares de Toén

labardeiros
O museo do Entroido de Xinzo recibe o traxe do Labardeiro de Mugares de Toén

O traxe de Labardeiro componse dunha camisa e calzón de cor branco adornados con flores feitas con papel de seda e colares de bolas. Levan unha faixa ou un cinto con campás á cintura e na cabeza un gorro alto. O Labardeiro caracterízase porque vai acompañado da labarda, un instrumento semellante ó que se usaba para mallar o trigo.

Con esta nova aportación, o Museo do Entroido vai completando as súas instalacións cos traxes tradicionais máis destacados de Galicia.