O Museo Galego do Entroido abre as súas portas a todo o público gratuitamente o sábado e o domingo

Inauguración museo1
O Museo Galego do Entroido abre as súas portas a todo o público gratuitamente o sábado e o domingo

"É un orgullo, un día de ledicia inaugurar o único Museo Galego do Entroido que existe en Galicia"

A espera fíxose longa, logo de 14 anos dende que comezase a primeira fase da obra no 2001, o Museo Galego do Entroido está rematado. A súa inauguración produciuse na tarde do venres e estivo presidida polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo; o acalde de Xinzo, Antonio Pérez e o vicepresidente da Deputación, Rosendo Luis Fernández, entre outras moitas personalidades e veciños e veciñas da Limia.

Inauguración museo3No seu interior alberga traxes dos Entroidos de toda Galicia. Traxes como A Pantalla,Peliqueiros, Boteiros, Volantes e mesmo chegados dende Portugal. Unha ampla variedade de expositores para apreciar a riqueza dos 175 Entroidos que están catalogados por toda a comunidade galega.

O rexedor de Xinzo, sinalou que "é un orgullo, un día de ledicia inaugurar o único Museo Galego do Entroido que existe en Galicia e no que están representados tódolos entroidos". Antonio Pérez quixo agradecer o apoio da Xunta e da Deputación de Ourense para por en marcha o que calificou como "un reto para min", referíndose a tardanza da apertura do museo.Inauguración museo

O presidente da Xunta apuntou que "o museo conseguiuse porque a Deputación e a Xunta colaboramos con medio millón de euros para apostar por este proxecto ideal para difundir unha festa ancestral por séculos". Alberto Núñe Feijoo amosouse confiado que esta nova institución axudará a incrementar o turismo na zona.

O Museo do Entroido Galego abrirá as súas portas ó público gratuitamente nunhas xornadas de portas abertas este sábado e este domingo.

Despois pecharáse ata o mércores permanecendo xa en horario habitual.