O Museo Galego do Entroido recibe á Mázcara de Buxán

_MG_3427-1
O Museo Galego do Entroido recibe á Mázcara de Buxán

Dende o Museo Galego do Entroido agradecen á Asociación Cultural Fraga Lobos, entidade artífice desta importante donación

Onte, venres día 29 de setembro, o Museo Galego do Entroido, recibiu un agasallo que xa levaba tempo agardando. O agasallo viña dende Buxán –no Concello do Bolo– e trátase dunha moie elegante e pouco coñecida Mázcara completa e con todos e cada un dos complementos que conforman este traxe popular.

O traxe permacenerá exposto na sala central do Museo para todas aquelas persoas que queiran visitalo.

Este traxe, como se pode ver nas imaxes, está composto por camisa e pantalón claros, faixa escura, manturria portuguesa aos ombreiros –enfeitizada con lacería–, leguís tradicionais de coiro, un cinto de esquilas e –por último e máis vistoso– un gran pucho rematado en múltiples tiras de cores de papel cunha máscara branca para tapar o rostro.

_MG_3425-1

Dende o Museo Galego do Entroido agradecen á Asociación Cultural Fraga Lobos, entidade artífice desta importante donación que fai crecer ao MuGaE e nos fai lembrar a todos algunhas das pequenas e esquecidas tradicións entroideiras de pequenas aldeas por todo o país. No caso do Entroido de Buxán, continúa vivo grazas ao apoio e azos dos seus veciños e á colaboración do Concello do Bolo para mantelo vivo.

_MG_3397-1

O traxe permacenerá exposto na sala central do Museo para todas aquelas persoas que queiran visitalo e descubrir outro dos personaxes tradicionais do Entroido galego.