miércoles 8/12/21
Día de Santa Icía en Xinzo

Música de cámara para celebrar o Día Internacional da Música

Os músicos limiáns celebran o seu día co concerto do quinteto de vento "Invento".

Cartaz do concerto do quinteto Invento.
Cartaz do concerto do quinteto Invento.

Os músicos da comarca da Limia están de celebración este venres día 25. Con motivo da conmemoración da súa patroa, Santa Icía, o consistorio da capital da Limia en colaboración coa Deputación de Ourense e o Conservatorio Profesional de Música da vila, organizan un concerto no Auditorio da Casa da Cultura a cargo do quinteto de vento "Invento".

Será evento máis importante do festexo no Conservatorio de música de Xinzo, que todos os anos nesta data, celebra cos seus alumnos e alumnas o Día Internacional da Música. O concerto de música de cámara terá lugar a partir das 18 horas da tarde.

Comentarios