A música dos premios da Constitución en Ourense, púxoa o alumnado do CMUS de Xinzo
De día diferente e moi especial cualificaron o profesorado do Conservatorio de Música de Xinzo (CMUS) o seu paso polo Auditorio de Ourense, para poñer a música nun dos actos máis importantes que se celebran ao longo do ano, cal é a entrega dos premios do Concurso que organiza a Subdelegación do Goberno cada 6 de decembro.
Colaboración da Escola de Gaitas
Nesta ocasión, ademais do profesorado e o alumnado tamén contaron coa colaboración da Escola Municipal de Gaitas e percusión de Xinzo, colaboración que tanto o profesorado do CMUS coma o alumnado agradecen.
COMIDA DE AGASALLO

Rematada a actuación o grupo acompañado pola Alcaldesa Elvira Lama, voltaron para Xinzo, pasando pola praza Maior, facéndose a foto de familia diante do tren e posteriormente dirixirse ata un restaurante da vila e desfrutar dun xantar ofrecido polo concello.



