Unha nena tivo que recibir asistencia médica tras ser atropelada en Xinzo

sinistro
Unha nena tivo que recibir asistencia médica tras ser atropelada en Xinzo

O sinistro tivo lugar pasadas as 21.30 h cando unha nena foi atropelada por un vehículo na rúa Curros Enríquez de Xinzo de Limia, á altura do número 60.

Segundo as testemuñas, a cativa despistouse e saiu á estrada montada nun patinete co que estaba xogando. Nese intre pasaba un coche e o seu condutor non tivo tempo de reaccionar e como consecuencia atropelou á menor.

Ata o lugar dos feitos trasladouse unha ambulancia para darlle asistencia médica á cativa.