Os nenos do Campus de Verán participaron nunha exhibición da Garda Civil

Os nenos do Campus de Verán participaron nunha exhibición da Garda Civil

Os cativos e cativas subiron no helicóptero da Garda Civil e asistiron á simulación dun rescate con cans adestrados

O IES Cidade de Antioquía semellaba esta mañá o escenario dun filme de acción. Ata alí se desprazaron unidades da Garda Civil cos seus vehículos para ofrecer unha exhibición aos centenar de nenos e nenas que están a participar no Campus de Verán.

O obxectivo desta actividade, que é a primeira vez que se leva a cabo dentro da programación do campamento, foi concienciar aos máis pequenos da importancia do traballo que realizan os axentes.

Dende as 10.00 horas, os participantes tiveron a oportunidade de subir ás motos e incluso ao helicóptero da Garda Civil.

Tamén puideron probarse os seus cascos e asistir á simulación dun rescate con cans adestrados.

Foi, en definitiva, unha xornada diferente dentro do Campus de Verán que organiza o Concello de Xinzo de Limia para facilitar a conciliación dos máis pequenos durante o verán. Na actividade tamén colaborou a Policía Local, Protección Civil e as E.D.C.

A alcaldesa, Elvira Lama, asistiu á exhibición dos corpos de seguridade acompañada do concelleiro de Tráfico, Ramón Gómez; o capitán da Garda Civil en Ourense, José Luis Casas; o responsable de Protección Civil de Xinzo de Limia, Jesús Rivas, e as unidades especiais de Montaña, Canina, Drones, Antidisturbios, Seguridade Cidadá e Tráfico. Os organizadores quixeron resaltar especialmente a colaboración do IES Cidade de Antioquía por ceder as súas instalacións en concreto a da vicedirectora María Garrido.

Sinda Aguiar, coordinadora provincial de Educación Vial da Xefatura de Tráfico de Ourense:

20220719_113212
Sinda Aguiar

"Coordínanse estas actividades para dar a coñecer distintos medios en caso de que houbese un accidente de tráfico, unha persoa desaparecida e houbese que buscala..."

Estas actividades realízanse normalmente en centros escolares, campamentos urbanos... pero según comenta a coordinadora, non en todos os sitios é factible xa que depende do momento e hai que ter bastante dispoñibilidade.