Os nenos do CEIP Carlos Casares aprenden a identificar as situacións de violencia de xénero

Charla no Carlos Casares
Os nenos do CEIP Carlos Casares aprenden a identificar as situacións de violencia de xénero
O obxectivo é sensibilizar a nenos e nenas na importancia de identificar e detectar actitudes e comportamentos que implican violencias machistas

A loita contra a violencia de xénero debe comezar na escola. O Concello de Xinzo de Limia, ás portas do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, segue a demostrar o se compromiso contra esta lacra social e promove a concienciación nos centros escolares.

CARTEL_page-0001 A alcaldesa, Elvira Lama, participou esta mañá na charla impartida no CEIP Carlos Casares a través da Concellería de Igualdade e do Centro de Información á Muller.

O obxectivo é sensibilizar a nenos e nenas na importancia de identificar e detectar actitudes e comportamentos que implican violencias machistas, co obxectivo de previr estes casos. A iniciativa repetirase mañá no CEIP Rosalía de Castro.

Tamén mañá, 25 de novembro, está prevista unha concentración e a lectura dun manifesto, ás 12.00 horas na Praza Maior, ademais da instalación dun punto informativo en horario de 10.00 a 13.00 horas.

Os actos para evitar este tipo de violencia comezaron en Xinzo de Limia semanas atrás, cando preto dun cento de persoas participaron na andaina organizada polo GDR Limia-Anoia que, baixo o lema “Non peches os ollos”, percorreu 6 quilómetros ao redor do río Limia e por un tramo da Vía da Prata. Ademais, na Casa da Cultura representouse unha obra teatral con tres premios María Casares e que mostrou a cruenta realidade da violencia de xénero. O espectáculo “Invisibles”, creado a partir da novela homónima de Montse Fajardo, presentou ao público diversas historias reais protagonizadas por mulleres galegas.

Ademais, o compromiso do Concello de Xinzo de Limia nesta loita non se limitará ao mes de novembro, xa que que instalarán nas súas rúas sinais similares ás que regulan o tráfico e indican lugares con lemas de repulsa a esta lacra social.