Os nenos de Xinzo xa desfrutan do Limialandia

Cartaz promocional do Limialandia 2016.
Os nenos de Xinzo xa desfrutan do Limialandia

Estará dispoñible até o vindeiro día 5 de xaneiro en horario de 15:30 a 21 horas.

Na tarde de onte, o Pazo dos Deportes de Xinzo de Limia encheuse de xogos e atraccións para os máis pequenos cunha nova apertura do Limialandia. O xa tradicional parque de atraccións que instalouse un ano máis no pavillón municipal para o desfrute de veciños e visitantes.

Hinchables, simuladores, obradoiros, touro mecánico, futbolín humano, mini golf, ping pong e moitas máis actividades estarán dispoñibles até o vindeiro día 5 de xaneiro en horario de 15:30 a 21 horas. O Concello de Xinzo de Limia colabora na organización deste parque de Nadal.