Noite de música e castañas en Xinzo

cats
Noite de música e castañas en Xinzo

Mentres moitas fogatas nos bares e cafés, así como nas casas se preparaban para unha noite chuviosa para degustar a panceta, chourizos, churrasco e por suposto castañas, outros estaban a gozar de outros praceres, neste caso a música en dúas das súas modalidades.

O cante folclórico deuse cita na casa da Cultura no IX festival de coros de música Popular organizado por AIMIL FOLC no que estiveron presentes o grupo OS CHALADOS de Vila Nova da Gaia que deleitaron ao público con seis pezas do seu repertorio .

Despois tocoulle ao grupo anfitrión dirixido dende os seus comezos fai 15 anos, como recordaron os presentadores interpretar seis das súas pezas , case todas, temas tradicionais e populares .

BANDAS NA IGREXA NOVA

cats 2

A mesma hora estaba programado outro acto musical organizado pola Agrupación Musical da Limia na que tomaron parte a banda da Agrupación musical de Belesar e a de Xinzo, que acababa de regresar de Santiago co primeiro premio no certame galego de bandas xuvenís.

Rematadas as interpretacións da banda de Xinzo subiu ao escenario a cantante de Castro Caldelas Velusa Carvalho, actualmente 2ª clasificada nos “Recanteiros” da TVG e que deleitou aos presentes coa interpretación de tres cancións do folclore galego e portugués.