O Conservatorio NON cobrará as cuotas de outubro e novembro pasado

Luis M. Gil concelleiro de Deportes e Educación
O Conservatorio NON cobrará as cuotas de outubro e novembro pasado

Aceptada por unanimidade a proposta realizada polo Concelleiro de Deportes e Educación

O Concelleiro de Deportes e Educación propuxo que os alumnos do Conservatorio estean exentos do pago das taxas dos meses de outubro e novembro, por non contar coa totalidade do profesorado.

O Conservatorio de Música Profesional de Xinzo de Limia comezou o curso con tan so o 60% do profesorado, o que avivou as protestas do conxunto estudiantil por non lograr impartir debidamente as clases. Ata finais de novembro non se contou coa totalidade dos mestres.

Os pagos pola asistencia as clases divídense en nove cotas mensuais, por este motivo, todos os alumnos matriculados no Conservatorio neste curso, so terán que pagar sete cotas. Polo tanto, quedan exentos de pagar os dous meses onde as clases foron deficitarias pola falta de profesores.