Non faltou ninguén

Instantánea - 73
Non faltou ninguén

A praza Carlos Casares quedouse pequena

1Nunha noite, case outonal, e cunha praza Carlos Casares que se quedou pequena , soou o Petardazo 2018 que deu por comezado o Entroido deste ano.

Parece que ninguén se quixo perder este primeiro momento. Parte da rúa Curros Enriquez estivo ocupada por moitísimos seguidores do entroido Limián vidos dende as vilas achegadas e non tanto, que non quixeron perderse o momento.

6

COMISIÓN E CONCELLO MOI SATISFEITOS

Nin que dicir ten, que os membros da comisión 2018 rigorosamente disfrazados acudiron ao balcón municipal, ó que non faltaron o Concelleiro de Cultura e o Alcalde, ataviado co seu uniforme tradicional de almirante. Todos eles manifestaron a súa ledicia por ver tanta xente gozando deste primeiro acto do entroido mais longo de Galicia.

cats15432

Como a imaxinación en Xinzo brota ao instante, os triunfadores da noite foron o grupo representativo do sorteo de Nadal, que deixou un "pellizco" na vila.

IMG_20180120_235232