Noraboa a directiva e sobre todo aos comerciantes (Amador Díaz)

Concha e Amador
Noraboa a directiva e sobre todo aos comerciantes (Amador Díaz)

Rematada a inauguración oficial e o percorrido das autoridades polos stands falamos con Amador Díaz, alcalde en funcións en con Concha, presidenta de ProLimia e tamén expositora, aos que lle pedimos as primeiras impresións sobre as mesmas.

Percíbese que os stands están montados cunha profesionalidade moi superior ao ano pasado, e agora solo falta que o público asista e merque moito.(Amador)

Sobre o guante que lle lanzou ao Delegado da Xunta no discurso da inauguración?

Cre que Xinzo é un concello referente de feiras e necesitamos un espazo polivalente no que se poidan facer estes eventos e outros doutro tipo, pero isto ten que ser da man de varias administracións, se non é imposible. Eu busco e aproveitei a ocasión para chegar a conseguir ese obxectivo.

Como ve a feira a Presidenta de ProLimia?

Vexo a feira moi ben, e sobre todo a xente moi positiva e con ganas de facer negocio. Este ano houbo que traballar un pouco menos porque os comerciantes xa saben a que veñen e as institucións seguen a colaborar coa feira, sobre todo o concello.

Os stands, como xa saben a que veñen e xa sabemos de que vai isto, están moito máis bonitos e mellor preparados.