Nostoc Biotech: "viñemos para mostrar o noso traballo"

Nostoc Biotech
Nostoc Biotech: "viñemos para mostrar o noso traballo"

Benito Garrido quere mostrar o produto e disfrutar da experiencia "como o agricultor que é"

Benito Garrido explica que Notostoc Biotech traballa en microbioloxía, e conséguese, a través de bacterias como fungos na terra, que a planta interactúe con elas de maneira que absorben o nitróxeno, o fósforo, o potasio e incluso o ferro. Desta maneira redúcese a necesidade de abono.

Benito é agricutor no Baixo Miño e son 4 anos os que leva traballando con Nostoc Biotech. Actualmente é o colaborador de Nostoc para Galicia. Comenta que en hortas e no cultivo de pataca está funcionando ben pero tamén apunta que na súa zona son hortas pequenas, maioritariamente de autoconsumo.

Así, di Benito, "viñemos para mostar o traballo que estamos facendo" e súmase este ano por primeira vez á feira para compatir a experiencia "como agricultor que son".

Ademais, estanse facendo ensaios en parcelas de Xinzo con este sistema de maneira que cando se recollan as patacas veranse e analizaranse os datos e resultados. Respecto do clima comenta que as bacterias necesitan humidade pero a pataca en si tamén polo que a afectación realmente é máis a nivel xeral que concreta nos resultados que se den.