Nova directiva para a Agrupación Musical da Limia

Agrupación musical da Limia
Nova directiva para a Agrupación Musical da Limia

O párroco Jaime Collazo podería ser o novo presidente.

A Agrupación Musical da Limia atópase nun proceso de renovación da súa Xunta Directiva. Un dos nomes que máis soan para ocupar o cargo da presidencia desta institución é o do párroco de Xinzo, Jaime Collazo Bóveda. Collazo leva moitos anos vinculado á actividade da asociación e a dirección saínte vén de propoñelo en asemblea.

Collazo xa afirmou que estaba disposto a aceptar esta nova responsabilidade, tras ser informado pola dirección saínte no concerto de Ano Novo que celebrou a agrupación na Igrexa Nova de Xinzo.

O nomeamento será confirmado proxiamente trala celebración dunha nova asemblea. A Agrupación Musical da Limia, posta en marcha hai xa unha década, conta xa con máis de medio cento de membros. Trala recente creación da súa Escola de Música, confírmase como unha das institucións culturais máis dinámicas e importantes da comarca.