viernes 3/12/21

Trátase dun local cedido polo Concello de Xinzo, cuxa entrega oficial de chaves tivo lugar hoxe por parte da súa alcaldesa, Elvira Lama, ao presidente provincial de Cruz Vermella, Felipe Ferreiro, e ao presidente comarcal, Guillermo Gil e Felipe Ferreiro.

Cruz Vermella conta cunha nova sede para a súa Asemblea Comarcal na Limia.

Situada nas galerías comerciais Multicentro da Rúa Río Arnoia (número 14, local 15), as novas instalacións facilitarán o labor do voluntariado para atender as necesidades das persoas máis vulnerables da comarca, converténdose nun espazo de convivencia, tolerancia e inclusión.

nueva sede Xinzo alcaldesa entrega llaves presidente CRO cambio tivo lugar grazas á cesión do local por parte do Concello de Xinzo. A alcaldesa de Xinzo, Elivira Lama, afirma que “Cruz Vermella fai sempre e en todas partes un traballo impagable e imprescindible, pero agora moito máis debido á crise socioeconómica derivada da pandemia”, remarcando que “neste goberno van atopar sempre apoio e colaboración, por iso é polo que non vacilásemos nin un só segundo á hora de decidir a cesión deste local”.

Ferreiro sinala que “a nova localización e instalacións favorecerán unha mellor resposta ás necesidades da comunidade e ao desenvolvemento dos proxectos sociais. È un exemplo da aposta da organización por asumir novos retos para seguir sendo fieis ao noso lema, Cada vez máis preto das persoas”.

Ademais, agradeceu especialmente a Lama a súa colaboración, que se suma ao apoio do resto de administracións públicas e ás achegas das persoas socias ou colaboradoras.

“Un recoñecemento especial é para o voluntariado e Comité Comarcal da institución, polo seu traballo diario e implicación, aínda maior desde a chegada da pandemia”, apunta.

Desta forma ábrese unha nova etapa de traballo na Limia, marcada pola resposta fronte á COVID-19 a través do Plan Cruz Vermella Responde, así como pola contribución para alcanzar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, a Axenda 2030, desde os distintos proxectos da institución.