O traslado da feira ao Toural deixa sen "respiro económico" a hostaleiros e comerciantes

Hostalería Xinzo -Praza Maior
O traslado da feira ao Toural deixa sen "respiro económico" a hostaleiros e comerciantes
Esixen que se volva a valorar a ubicación e piden que se teñan en conta a todos os seus negocios.

A decisión de trasladar os postos da feira ao Toural deixa a hostaleiros e comerciantes cun mal sabor de boca. Esixen que se volva a valorar esta cuestión e teñan en conta a todos os seus negocios que eses días logran un respiro económico para o pago de facturas e seguros.

RECUPERACIÓN TRAS A PANDEMIA.

Actualmente, a subida dos prezos é algo a notar por todos e sobre todo aqueles que teñen que sacar adiante un negocio. Nun intento de recuperación despois da pandemia coa volta á celebración de eventos que permitan xerar movemento e consumo en distintos lugares, a realidade é que as medidas de seguridade (máis valoradas ahora que nunca) fanse excesivas a ollos de quen quere volver a ter algo da solvencia económica anterior á pandemia.

"A feira leva celebrándose da mesma maneira 50 anos" defenden os hostaleiros e comerciantes nunhas declaracións para La Voz de Galicia.

Ademais, comentan que nunca houbo problemas de aglomeracións e que sempre foi seguro facela nas rúas.

Daquela, piden que se lle de outra volta á decisión da maneira máis rápida posible xa que é cando máis visitantes se achegan a Xinzo (entre o 14 de xullo e o 27 de agosto).

Finalmente, ante as distintas queixas, o concelleiro, Manuel Pérez Campos, pedirá un informe á policía e tentará chegar a un acordo cos afectados.