Novo almacén no IES Cidade de Antioquía

310122 Visita IES Cidade de Antioquía 2
Novo almacén no IES Cidade de Antioquía

A Xunta inviste máis de 48.000 euros na construción dun almacén para a aula do ciclo de agraria no ‘IES CIDADE DE ANTIOQUÍA’ DE XINZO DE LIMIA

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitou onte a mañá, acompañado da alcaldesa de Xinzo de Limia, Elvira Lama, as obras de construción e adaptación dun almacén para a aula do ciclo de agraria no IES Cidade de Antioquía, para gardar os apeiros de labranza, utensilios e maquinaria necesarios para impartir o ciclo, e no que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade investiu 48.376,22 euros, nun mes e medio de prazo de execución.

O delegado territorial lembrou a importancia do sector primario nunha das comarcas agrícolas máis importantes de Galicia. Deste xeito, puxo en valor a implantación do Plan estratéxico do sector agrario da comarca, promovido pola Xunta, que pretende lograr un mellor e máis efectivo aproveitamento dos recursos nesta bisbarra ourensá, reducir a concentración de nutrientes nas augas, xerar emprego e fixar poboación no rural, combatendo así o cambio climático á par que Europa.