O novo imposto de plusvalías favorecerá a maioría das transaccións dos veciños de Xinzo

20220310_093338
O novo imposto de plusvalías favorecerá a maioría das transaccións dos veciños de Xinzo

O Concello aclara o aprobado por Lei, no pleno desta última semana.

No último pleno, o Concello aprobou a modificación da ordenanza que grava o incremento de valor de terreos de natureza urbana, coñecida como plusvalía. Como é sabido, estre imposto grava as transmisións de bens segundo o ano da súa construción e do seu valor.

Momento do pleno celebrado o 10.03.22
Avd/ Ourense-Xinzo

Con esta modificación, os bens de máis de 10 anos, que son a maioría en Xinzo, tributarán menos. A redución será aínda maior para as propiedades de máis de 20 anos.

Así mesmo, quedarán exentos de tributar todas aquelas propiedades que non sufriran incremento de valor, previa demostración por parte do propietarios.

Esta modificación penaliza a especulación, pois as plusvalías que se incrementarán serán, en particular, as que afecten as transaccións de propiedades de menos de 5 anos, que son as menos nesta vila.

De feito, a recadación do Concello de Xinzo por este imposto sufrirá unha merma este ano como consecuencia da modificación da ordenanza, dado que a maioría das transaccións en Xinzo son de terreos de natureza urbana de más de 10 anos e pagarán menos que antes.

En calquera caso, trátase dunha modificación á que o Concello de Xinzo está obrigado por imperativo legal por dúas razóns:

Porque é unha adaptación á normativa estatal que había que aprobar no prazo de 6 meses desde a súa entrada en vigor. Texto Refundido da Lei Reguladora de Facendas do ano 2004 e modificada polo Real-decreto-Ley26/2021 de 8 de novembro, polo que se adapta dito texto a xurisprudencia do Tribunal Constitucional.

Porque o Concello non pode suprimir este tipo de ordenanza, nin ningún tipo de ingreso, polo Plan de Axuste do ano 2012, herdanza do anterior goberno local e que mantén á administración limiá baixo estrita vixilancia do Ministerio de Facenda.