Novo taller de discapacidade e diversidade física, sensorial e intelectual

Escola Rural de Saúde
Novo taller de discapacidade e diversidade física, sensorial e intelectual

A Asociación Escola Rural de Saúde comezará os talleres o 4 de xuño

A Asociación Escola Rural de Saúde da Limia achéganos o programa para os Talleres discapacidade/diversidade física, sensorial e intelectual que se realizarán todos os xoves dende o día 4 de xuño na aula 2 da Casa de Cultura de Xinzo de Limia. Proporcionarase un certificado acreditativo 24 horas formativas baixo solicitude previa.

O 4 de xuño comeza co taller de FISIOTERAPIA EN DISCAPACIDADES
Abordaxe da discapacidade en fisioterapia. Rehabilitación funcional Marian Paz Casares. Fisioterapeuta, Experta Equitación Terapéutica. DISCAPACIDADE SENSORIAL: AUDITIVA E VISUAL Centro de audioloxía e óptico Prieto
Testemuño discapacidade sensorial: Yago, Síndrome USHER.

O 11 de xuño o taller consistirá en DISCAPACIDADES FÍSICA, SENSORIAL E INTELECTUAL. COGAMI Conceptos, características, necesidades. Héctor González, Traballador Social COGAMI. Carlos Vázquez, Orientador Laboral
Testemuño de superación e promoción: Carlos Vázquez.

O 18 de xuño tratarase a ATENCIÓN A PERSOAS CON DISCAPACIDADE. COGAMI
Atención a persoas con discapacidade e familias. Héctor Glez, Traballador Social Recursos, inserción e intermediación laboral. Carlos Montero Álvarez, Orientador Laboral Testemuño de superación e promoción: Ma Mercedes Fdez, ALGARIA.

O 25 de xuño: LIMISI. DIVERSIDADE FUNCIONAL/INTELECTUAL
Asociacionismo, Janira Pazos, Educadora Social
Voluntariado, Silvia Scaramuza e Luiza Naslyan, Servizo Voluntariado Europeo Dificultades de aprendizaxe e apoio educativo, Estefy López, Pedagoga. Intervención Logopédica, Tania Prol, Logopeda
¿Diferente?: Araceli Losada, Usuaria Centro Ocupacional LIMISI.

O 2 de xullo tratarase os PRODUTOS DE APOYO EN DISCAPACIDADES. ACCESIBILIDADE Elena Rdguez. Villarino, Licenciada en Farmacia, Ortopeda. SEGURIDADE, ASISTENCIA e PREVENCIÓN EN DISCAPACIDADES Necesidades, Emerxencias, Accidentes, Adaptacións...
Sinda Aguiar, Coordinadora Educación Vial Xefatura Tráfico Ourense.

Por último, o 9 de xullo verase o ENFOQUE PSICOLÓxICO ANTE A DISCAPACIDADE.
Atención ao afectado e familia, afrontamento, superación, autoestima...
Ma Isabel Torres, Psicóloga Sanitaria. No Col G-04244. NoRS C32- 000808 Testemuño de superación discapacidade física: Vallejo.