miércoles 8/12/21

NOVO XARRO DE AUGA FRIA SOBRE A PLANTA DE ASFALTADO EN QUENTE DE PARADA DE RIBEIRA, E VAN DOUS

O Muíño da Lama pide para Parada de Ribeira unha moratoria de catro anos para licencias de Actividades Clasificadas Con data...
Situación na que se encontran as obras a día de hoxe

O Muíño da Lama pide para Parada de Ribeira unha moratoria de catro anos para licencias de Actividades Clasificadas

Con data de saída do día 11 de agosto, ante a solicitude da asoc. Muiño da Lama de revogación da declaración positiva que fixera a Xefatura Territorial de Medio Ambente en Ourense, esta contesta(Ver documento adxunto orixinal) que no hai lugar a elo, posto que se realizou exposición pública segundo o disposto pola lei e ninguén durante ese prazo se opuxo. Di :• neste trámite non se recibiron informes negativos das Administracións consultadas, nin denuncias ou reclamacións ambientais de particulares ou asociacións” Tamén se di: que a única administración competente para o seguimento correcto funcionamento da actividade é a Administración local, ou sexa o Concello de Xinzo. Ante este informe haberá que ver o que di o Concello de Xinzo e os seus concelleiros, que todos en pleno e por unanimidade, decidiron ir en contra de esta actividade, recordándolle os lectores que o propio alcalde firmou un decreto de paralización das obras. Quer isto dicir, que todo está nas mans do Concello?.

Comentarios