O novo xefe da oposición visita Xinzo

Villares na súa primeira visita a Xinzo como candidato á Xunta
O novo xefe da oposición visita Xinzo

O encontro con Luís Villares, que estará acompañado dos dous deputados ourensáns Ánxeles Cuña e Davide Manzaneda, será "aberto" á veciñanza para "seguir sumando ondas á Marea".

A recentemente escollida polos galegos como segunda forza política de Galicia, En Marea, atópase en proceso de construción dunha estrutura organizativa a nivel territorial. Trala súa constitución e rexistro como partido instrumental –acción que ocasionou serias discrepacias entre algunhas das formacións que impulsaran o proxecto, nomeadamente Podemos Galicia– decidiron agora comezar a crear unha rede de asembleas municipais que poidan garantir a súa supervivencia a nivel orgánico.

Nese proceso, denominado "En Marea avanza", os deputados provinciais, xunto co líder da formación Luís Villares, iniciaron un percorrido polas distintas comarcas do país para se reunir cos seus simpatizantes. E este luns, día 12 de decembro, será o turno da comarca da Limia. Coa participación de Xinzo Adiante, veñen de convocar un encontro aberto e participativa dos deputados Ánxeles Cuña e Davide Manzaneda, acompañados de exmaxistrado Villares.

A cita terá lugar no Bar Frita –na rúa Toural, número 16– a partires das 20 horas. Baixo o hashtag #AgoraNaLimia, animan á participación afirmando que "contamos contigo para seguir sumando ondas á Marea".