11 de junio de 2022, 11:03

O Concerto de Fin de Curso é un evento onde os alumnos e alumnas mostran a súa adicación e talento pola música. Estes preparan as súas actuacións con toda a súa ilusión, estudando e ensaiando horas extra. Estas últimas semanas foron a recta final, días moi intensos de remate de curso e algo de nerviosismo pola actuación.
O concerto realizouse no Auditorio "Angel Cocho" da Casa de Cultura ás 20:00h. Este evento do venres foi do Grao Profesional pero O Concerto de Fin de Curso celebrouse tamén polos alumnos do Grao Elemental o día anterior, 9 de xuño.
Desde o CMUS de Xinzo animan a formarse en música e desfrutar dela, polo que non hai mellor maneira de rematar o curso que cunha interpretación polos alumnos de diferentes obras musicais.