O sorteo dunha viaxe pon o peche á Feira do Comercio
09:42 29/08/22
09:42 29/08/22
Roberto, un veciño de Xinzo, gañou o sorteo cunha compra no stand de Centro Sport
Un veciño de Xinzo, Roberto, foi o gañador da viaxe para dúas persoas sorteada na última xornada de feira. O sorteo tivo lugar no mesmo pavillón de deportes cunha man inocente ben pequecha e Concha Conde, presidenta de Prolimia, presentando.


Varias persoas acudiron onte ao pavillón para esperar gañar o expectante premio.
De entre todos, e despois de tres papeletas sacadas, foi Roberto quen gañou o sorteo cunha compra no stand de Centro Sport.
El comenta que é a primeira vez que gaña unha viaxe e que está moi agradecido, "a verdade e que tiven moita suerte".