As rúas Cepetal, Sitibal e Bouzo entran na súa fase final

Visita obras Cepetal e Sitibal
As rúas Cepetal, Sitibal e Bouzo entran na súa fase final
Hoxe visitaron as obras case todo o grupo de goberno e os técnicos do Concello

As pistas Cepetal e Sitibal de Xinzo locen xa como amplos viarios de 16 metros de ancho, incluídas aceiras e prazas de estacionamento. Parte do goberno local realizou esta mañá unha visita ás obras, que entraron xa na súa fase final e se espera que rematen ao longo do próximo mes de marzo, cando se abrirán ao tráfico.

Ambas vías, xunto coa travesía do Bouzo, que tamén está sendo acondicionada, funcionarán como una circunvalación de 2 quilómetros, pois entre as tres conforman un itinerario moi utilizado para evitar o centro da vila por parte dos vehículos que se desprazan ou proceden dos concellos da marxe esquerda do río Limia, como Baltar, Blancos ou Porqueira.

Vistia obras Cepetal e SitibalEsta actuación inclúe a dotación de servizos básicos de saneamento, abastecemento, alumeado e beirarrúas no tramo das pistas Cepetal e Sitibal, froito dunha intensa negociación do actual goberno con cada un dos máis de 40 titulares afectados, que accederon á cesión dos metros de fachada que lle corresponden a cada un para dotar ao viario destes servizos, o que tamén revaloriza as súas propiedades.

Xinzo incorpora así unha nova zona de expansión e crecemento ao seu casco urbano, pois trátase dun chan urbanizable. Con esta actuación, anticípase o crecemento de Xinzo hacia a zona da Moreira, onde se atopa o campo de fútbol.

Despois dun gran esforzo de negociación e unha ardua tarefa técnica e administrativa, as obras da reconversión destas pistas nunha circunvalación e nunha zona de expansión urbana están próximas ao se remate, pendentes so dos últimos flocos e do asfaltado da vía.

Na visita de hoxe participaron a alcaldesa, Elvira Lama; o tenente alcalde, Amador Díaz, e os concelleiros de Obras e Infraestruturas, Ramón Gómez e Rafa Penabad, acompañados do director da obra e os responsables da empresas que traballan no viario. No transcurso da mesma, acordaron diferentes melloras de última hora para atender demandas dos propietarios dos solares aledaños.

En canto ao asfaltado, dependerá da meteoroloxía, pois antes de empezar cos traballos será preciso que o firme actual, que se amplía desde os 6 metros que tiñan antes as pistas, seque e se compacte.

En calquera caso, se espera que a obra poda ser entregada ao Concello en posta en servizo durante o próximo mes de marzo.