As obras a realizar con urxencia no casco vello, non son as do plan HURBE

Amador Díaz (foto arquivo)
As obras a realizar con urxencia no casco vello, non son as do plan HURBE

Esperamos conseguir o compromiso da Xunta en poucas semanas (Amador Díaz)

Amador Díaz, alcalde de Xinzo explicou a dendealimia que as obras que se van a realizar de forma inmediata en varias rúas do casco vello, consistentes en volver a colocar as pedras que están estragadas, non son as logo irán na reforma integral do casco vello dentro dun proxecto presentado a Xunta que se achega preto dos 900.000 €. Este proxecto realizarase dentro do Plan HURBE, e esperamos pechalo cos responsables da Xunta nas vindeiras semanas.

Unha vez teñamos o compromiso, sacaremos as chapas das rúas e “provisionalmente” rechearemos eses sitios con formigón, posto que despois será renovado con dito plan.

O que non vamos e empregar nun lugar onde despois se fará unha intervención definitiva.

galescola

OBRAS EN DISTINTOS LUGARES

A semana que ven, esperamos que xa estea a brigada da Deputación, para acometer arranxos en diversos pobos.

Amador continuou informándonos que onte tamén aproveitou a visita do delegado da Xunta para presentarlle unha memoria para a Galescola. O concello ten que facer o mantemento, pero a situación económica do noso concello non nos permite poder facelo. Neste caso a intención e cambiar o solo de toda a Galescola e arranxar unhas humidades.

ARRANXO PISTA ARMADA.

Con respecto a ese proxecto de reforma integral da pista Armada, estamos neste momento na fase de poñer os terreos a disposición da Deputación. Xa me reunín coa maioría dos propietarios para explicar como está o proxecto e os prazos de licitación e execución. Isto levaríanos ata o mes de decembro, pero claro, ese non é un bo mes para comezar as obras, polo que en consenso cos veciños, posiblemente se deixen para comezo da primavera.