As obras de mellora da Avenida de Ourense estarán rematadas a vindeira semana

av ouuu
As obras de mellora da Avenida de Ourense estarán rematadas a vindeira semana

Confirmouno o Concello de Xinzo en relación a un convenio con Fomento

As obras que se acometerán na calzada van consistir no arranxo da marxe esquerda. A zona está moi danada e precisa de resposición de pavimento. Deste xeito porase fin ós problemas que xorden cando chove e se acumula auga pola avenida, dificultando o paso de vehículos e o aparcamento. Nesta liña de mellorar o servizo de estacionamento dos residentes e veciños que acoden ós comercios, vaise regular a estancia de vehículos pesados que aparcan na zona.

Dende o consistorio de Xinzo sinalan que as obras estarán finalizadas a próxima semana. O proxecto forma parte dunha colaboración con Fomento que aporta material e asume as obras. O Concello colabora con man de obra e maquinaria.

O primeiro tenente alcalde, Manuel López Casas, sinalou que a ministra de Fomento comprometeuse a levar a cabo un proxecto de mellora da Avenida de Madrid e da Avenida de Ourense de Xinzo. Os traballos consistirían en cambiar as beirarrúas, a iluminación e acondicionar o saneamento.