As obras de mellora da depuradora de Xinzo chegaron o seu fin

edar
As obras de mellora da depuradora de Xinzo chegaron o seu fin

A remodelación custou máis de 1´1 millóns de euros

A Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Xinzo comeza a funcionar coas obras de mellora acometidas. Os novos traballos permiten que a depuradora deseñada nos 90, poida eliminar o fósforo por vía biolóxica e o nitróxeno das augas residuais, e así, incrementar a calidade das augas tratadas que se verten ó río Limia.

A EDAR con copacidade de tratamento para 3.360 metros cúbicos por día, poderá depurar as augas dunha poboación estimada de 16.250 habitantes/equivalentes. A renovada construción adaptouse para que poida cumprir os parámetros de vertidos establecidos para a Zona de Especial Protección das Aves (ZEPA), na que se ubica a instalación.A depuradora foi adaptada tecnolóxicamente para disminuír o custo enerxético con sensores, elementos de automatización e xestión e variadores de frecuencia en motores, xunto con outras obras.

O edificio existente mantense e usarase agora como oficina e edificio de control. Complementouse cunha nova construción que alberga parte do tratamento biolóxico, cadros eléctricos e un novo grupo electróxeno de emerxencia que garanta o funcionamento da EDAR en caso de que haxa un corte de enerxía na rede.

A remodelada depuradora supuxo un custo de 1.139.000 euros, dos cales o 80% foi aportación do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e o 20% restante da Xunta de Galicia.

O alcalde de Xinzo de Limia, Antonio Pérez, visitou as novas instalacións xunto co presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Francisco Marín.