Unha ofrenda floral e unha homenaxe á tradición galega para conmemorar en Xinzo o Día da Patria

OFRENDA
Unha ofrenda floral e unha homenaxe á tradición galega para conmemorar en Xinzo o Día da Patria

Como non podía ser doutro xeito, o parque Galicia de Xinzo foi esta mañá o escenario no que resoaron as notas do Himno Galego con motivo da celebración do Día da Patria. No acto realizouse unha ofrenda floral, acompañada pola música da gaita. Ademais, a tradición galega estivo moi presente durante todo o día con motivo da terceira edición da Foliada Antelana, que contou con gran expectación ao longo desta fin de semana. Concertos, obradoiros e pasarrúas sucedéronse e os bailes e os cantos de veciños e visitantes amenizaron as horas nun verán no que se está a apostar polas actividades ao aire libre e o ocio seguro.